Thursday 09 de May de 2024

Un total de 66 ciclos de FP incorpóranse ao modelo plurilingüe no curso 2022/23


— Engádense aos 57 que comezaron o ano pasado e que no vindeiro curso impartirán módulos de segundo curso en outros idiomas

— A formación en linguas estranxeiras desenvolveras en inglés, francés ou portugués

A Xunta vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución definitiva pola que se autoriza un total de 66 ciclos formativos plurilingües que comezan no curso académico 2022/23 en 33 centros educativos galegos. En 57 deles a formación realizarase a través de módulos en inglés, en dous deles en inglés e francés e en sete en portugués. Estes novos ciclos súmanse aos 57 iniciados no pasado curso 2021/22, que no vindeiro curso impartirán módulos de segundo curso en outros idiomas.

Deste xeito, este ano haberá en Galicia un total de 33 centros con esta oferta (seis máis ca no pasado curso) a razón de 13 na provincia da Coruña, 4 en Lugo, 5 en Ourense, e 11 en Pontevedra. Aos que impartían ciclos plurilingües o curso pasado incorpóranse o CIFP Politécnico de Santiago, CIFP Compostela, CIFP Fraga do Eume, CIFP Imaxe e Son, CIFP Paseo das Pontes, IES Poeta Díaz Castro, CIFP Fermín Bouza Brey.

Estes ciclos correspóndense con 71 titulacións diferentes de FP que impartirán parte do seu currículo nunha lingua estranxeira neste curso 2022-23.
Mellora das competencias lingüísticas
Os ciclos formativos plurilingües teñen como finalidade a mellora das competencias lingüísticas do alumnado de FP co obxectivo de mellorar a súa inserción laboral e a competitividade dos sectores produtivos. Neste sentido, o desenvolvemento de habilidades de comunicación oral e escrita en linguas estranxeiras facilitará o desempeño laboral dos titulados no espazo europeo, na liña de internacionalización da FP que está a impulsar a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades a través de iniciativas como o programa Erasmus+.

Ademais, esta liña de acción dá resposta ás necesidades de formación e competencias lingüísticas expostas polas empresas e institucións que participan nos proxectos de FP dual de Galicia.
Os novos proxectos formativos plurilingües autorizados para o curso 2022/23 son os reflectidos na seguinte táboa:

PROVINCIA CONCELLO Centro Ciclo Idioma dos módulos non lingüísticos
A Coruña Culleredo CIFP Universidade Laboral Prevención de riscos profesionais Portugués
Acondicionamento físico Inglés
Mecatrónica industrial Inglés
A Coruña Santiago de Compostela IES Plurilingüe Rosalía de Castro Guía, información e asistencia turísticas Inglés (1º)
Francés (2º)
A Coruña Santiago de Compostela CIFP Politécnico de Santiago Laboratorio de análise e de control de calidade Inglés
A Coruña Santiago de Compostela CIFP Compostela Dirección de servizos de restauración Inglés
A Coruña Ferrol CIFP Leixa Deseño e edición de publicacións impresas e multimedia Inglés
A Coruña Santiago de Compostela IES San Clemente Sistemas microinformáticos e redes Portugués
Administración de sistemas informáticos en rede Portugués
Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma Inglés
Desenvolvemento de aplicacións web Inglés
A Coruña Coristanco EFAG Fonteboa Guía no medio natural e de tempo libre Inglés
Gandaría e asistencia en sanidade animal Inglés
Transporte e loxística Inglés
A Coruña A Coruña CIFP Ánxel Casal – Monte Alto Audioloxía protésica Inglés
A Coruña A Coruña CIFP Someso Programación da produción en fabricación mecánica Inglés
A Coruña Pontedeume CIFP Fraga do Eume Dirección de servizos de restauración Portugués
A Coruña Santiago de Compostela IES A Pontepedriña Comercio internacional Inglés
A Coruña A Coruña CIFP Imaxe e Son Iluminación, captación e tratamento de imaxe Inglés
A Coruña A Coruña CIFP Paseo das Pontes Confección e moda (FP dual) Inglés
Lugo Chantada IES Val do Asma Desenvolvemento de aplicacións web (FP dual) Inglés
Lugo Lugo CIFP Politécnico de Lugo Ensinanza e animación sociodeportiva Inglés
Lugo Lugo CIFP As Mercedes Automoción Inglés
Mantemento aeromecánico de avións con motor de turbina Inglés
Lugo Guitiriz IES Poeta Díaz Castro Soldadura e caldeiraría Portugués
Ourense Ourense CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel Administración de sistemas informáticos en rede Portugués
Desenvolvemento de aplicacións web Inglés
Laboratorio de análise e de control de calidade Inglés
Laboratorio clínico e biomédico Inglés
Hixiene bucodental Inglés
Química e saúde ambiental Inglés
Ourense Ourense CPR Santo Cristo Administración e finanzas Inglés
Ourense Ourense CIFP A Farixa Axencias de viaxes e xestión de eventos Inglés
Guía, información e asistencia turísticas Inglés
Ourense Vilamarín IES de Vilamarín Xestión de aloxamentos turísticos Inglés
Xestión de aloxamentos turísticos (FP dual) Inglés
Dirección de cociña Inglés (1º e 2º)
Francés (2º)
Dirección de servizos de restauración Inglés
Ourense Ourense CIFP Portovello Asistencia á dirección Inglés
Xestión de vendas e espazos comerciais Inglés
Pontevedra Caldas de Reis CPR Plurilingüe San Fermín Actividades comerciais Inglés
Pontevedra A Estrada IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez Administración e finanzas Inglés
Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma (FP dual) Inglés
Deseño e amoblamento (FP dual) Inglés
Pontevedra Vigo CPR Plurilingüe San Miguel 2 Informática e comunicacións Inglés
Informática de oficina Inglés
Pontevedra Vigo CPR San Miguel Servizos administrativos Inglés
Servizos comerciais Inglés
Xestión administrativa Inglés
Instalacións de telecomunicacións Inglés
Pontevedra Vigo CPR Daniel Castelao Xestión administrativa Inglés
Instalacións eléctricas e automáticas Inglés
Administración e finanzas Inglés
Administración de sistemas informáticos en rede Inglés
Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma Inglés
Pontevedra Vigo CIFP Manuel Antonio Química industrial Inglés
Anatomía patolóxica e citodiagnóstico Inglés
Patronaxe e moda Inglés
Pontevedra Vilagarcía de Arousa IES Fermín Bouza Brey Comercio internacional Inglés
Pontevedra Vigo CIFP Valentín Paz Andrade Deseño e amoblamento Portugués
Pontevedra Vigo CPR Marcote Comercio internacional Inglés
Pontevedra O Porriño IES Ribeira do Louro Administración e finanzas Inglés
Comercio internacional Inglés
Pontevedra Pontevedra CIFP Carlos Oroza Cociña e restauración Inglés
Xestión de aloxamentos turísticos Inglés
Xestión de aloxamentos turísticos (FP dual) Inglés

 

Esta actuación encádrase dentro do Programa de Cooperación Territorial «Plan de Modernización de la Formación Profesional», e da Estratexia de Formación Profesional Galicia 2030. Poderá ser obxecto de cofinanciamento polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea-NextGenerationEU no marco do programa de cooperación territorial «Plan de modernización de la formación profesional», destinado ao redimensionamento da oferta de formación profesional, no marco do Compoñente 20 «Plan estratéxico de impulso da formación profesional», do Mecanismo de recuperación, transformación e resiliencia.